Tuesday 07 de May de 2024

A Consellería de Cultura e Educación concede 69 axudas a persoas desempregadas para cursar ásteres oficiais no sistema universitario de Galicia


O obxectivo é facilitar a recualificación e mellora das competencias profesionais destes cidadáns e, así, favorecer a súa incorporación ao mercado laboral

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria de axudas destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego para cursar másteres oficiais no curso 2015-2016. Un total de 69 persoas resultan beneficiarias destas bolsas, das que 11 cursan o máster na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 11 na da Coruña (UDC) e 37 na de Vigo (UVigo).

A resolución pode consultarse no enderezo web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151231/AnuncioG0164-211215-0004_gl.html. O obxectivo desta axuda, cuxa contía vai desde os 1.215 € aos 1.788 €, é cubrir o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario segundo os prezos públicos fixados pola Xunta para este curso académico. Desta forma, búscase facilitar a recualificación e mellora das competencias profesionais destes cidadáns e, así, favorecer a súa incorporación ao mercado laboral

Para poderen acceder a estas bolsas os candidatos debían estar en posesión dun título universitario expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013; estar matriculado nun máster oficial ofertado polas universidade so Sistema Universitario de Galicia, cun mínimo de 60 créditos; residir en Galicia polo menos nos últimos tres anos; e estar inscrito como demandante de emprego durante un período igual ou superior a 180 días; entre outros.